Saltar ao contido principal

Publicacións

Novidade!

Nace Murabellos

  Nace MURABELLOS, e con esta iniciativa dou o paso á edición.   Levo máis dun lustro pensando na posibilidade, e traballando, aos poucos, na idea de editar algúns dos meus libros, e é agora cando dou o paso, despois de ter pechado o proxecto que ocupou boa parte do meu tempo nos últimos seis anos; falo dos poemas que escribín coa forma do haiku (HAIKUGA), para un período de 100 anos, e que supera os 41.000 textos.   Os Murabellos / Pozas dos Murabellos Tiña claro, dende que comecei a pensar nunha editorial ou nun selo no que acoller algúns dos meus libros, que cando iniciase ese camiño da edición sería co nome de MURABELLOS. Escollín o nome que identifica un lugar da miña aldea, Ludeiros , na parte baixa da serra de Santa Eufemia, na parroquia de Manín . Nos Murabellos a veciñanza da nosa aldea construíu dúas pozas e un pozanco ou pociño, para recoller a auga dos nacentes que alí abrollan, auga que se xuntaba na poza do Porto do Carro, a onde tamén ía parar a a

Publicacións máis recentes

Creo en min